Nadal e pandemia en Vilanova

Programa: 
Vilanova

“Son Angela Merkel, qué me conta? A canciller federal alemana abríu uns diálogos telemáticos a través de zoom para escoitar aos cidadáns falar sobre os efectos da pandemia. Preguntámonos se se trata de recoller información ou de empatizar coa poboación. Responde o psicólogo José Barcia que ambas cousas son razoables. Aínda que os cidadáns que chegan a falar coa primeira ministra teñan que pasar por un filtro, etc, non deixa de ser unha realidade que o xesto ponna no lugar dos outros. Aquí tivemos algo similar cando Luz Casal, por exemplo, púxose ao teléfono para falar coa xente máis sensible durante o confinamento. A iso lle chaman empatía. "Mágoa que a dia de hoxe a pandemia non nos cambiou á hora de poñernos no lugar do outro”, afirma Barcia,  quen recoñece que é complicado empatizar con realidades distintas ás nosas. É algo que co tempo todos e todas imos perdendo.

E pon un exemplo ben evidente: Todos estamos preocupadísimos pola maneira en que pasaremos as festas de Nadal, mentres outros chegan nas pateras ás nosas costas buscando unha vida mellor. “Cústanos sair do noso propio padecemento”. Diferentes estudos levados a cabo nos EEUU demostran que as persoas con mais problemas económicos son mais laxas á hora de cumplir coas normas sanitarias establecidas pola Covid19. “É lóxico que isto ocurra porque para quen a súa primeira preocupación é levar comida a casa, o virus pasa a ocupar un segundo plano”. “O mundo non se vai parar” conclúe Barcia á hora de recomendarnos empatizar co sufrimento dos demais pero tamén organizar as nosas preocupacións, priorizar sobre o que podemos traballar e centrarnos nas boas novas, que tamén as hai.