O exercicio físico que nos convén

Programa: 
Vilanova

Mellora a forma e a resistencia físicas, regula a presión arterial, incrementa ou mantén a densidade ósea e axuda a manter o peso corporal. Son beneficios do exercicio físico. Pero esa actividade tamén pode ser perxudicial se non se adoptan certas precaucións. Falamos hoxe dese tema con José Barcia no espazo Vilanova de Radio Fene. A elección do tipo de exercicio físico que escollemos é o primeiro a ter en conta porque debe ser proporcional ás nosas características e necesidades e moi interesante tamén é comprobar a cantidade de exercicio que deixamos de facer nas actividades cotiás.