O meu padriño era carpinteiro de ribeira

Programa: 
Club de lectura
Henrique Dacosta no club de lectura de Radio Fene Radiofusión

“O meu padriño era carpinteiro de ribeira. Ademais de traballar na Bazán facía chalanas e eu vivín a miña infancia xogando nas lanchas que traían a reparar” afirma Henrique Dacosta, autor do libro “Illas a sotavento” publicado por Edicións Xerais.
“Teño reparado nos falcoeiros hai moito tempo pero tirei do fío da técnica dos falcoeiros e tiven que investigar para a novela” manifesta o escritor. Unha apaixonante novela de aventuras, un fermoso canto aos espazos naturais e, en definitiva, unha sorte de viaxe iniciática dun feixe de adolescentes. Falamos de “Illas a sotavento” libro de Henrique Dacosta gañadora do premio Manuel Lueiro Rey de novela curta.. Conversamos co autor no club de lectura de Radio Fene Radiofusión con Pitusa Arias, Esther Val, Tatty Lavandeira e Henrique Sanfiz.