O raposo aviador que voa sen motor

Programa: 
Club de lectura
Antonio Reigosa no club de lectura de Radio Fene Radiofusión

Este libro remata dun xeito que non se pode desvelar. Porque é para que un pai  o lea ao seu fillo cando xa chega Pedro Chosco. Para que unha nai o descubra cunha pequena cando se vai para a cama. Ou tamén para que un namorado llo lea á súa parella. Para todo iso serve “O raposo aviador que voa sen motor”, de Antonio Reigosa. Falamos deste libro no club de lectura de Radio Fene Radiofusión.

Dous rapaces e tres rapazas aparecen na barriga da balea tomando un refresco. Ese tipo de fantasía aparece neste volume publicado por Edicións Xerais.