O xesto de Trump, en Vilanova

Programa: 
Vilanova

Trump retirou a máscara. Trump sae do hospital e quítase a máscara. “Non teñades medo ao virus” berra á xente diante dun montón de bandeiras dos EEUU. “Este comportamento dunha persoa que non deixa de ser o presidente dunha das potencias mundiais e polo tanto un referente, xera na xente un certo malestar e desasosego” afirma o psicólogo José Barcia. Estas condutas acaban xerando máis dúbidas das que xa temos. A xente pregúntase, sabemos algo do virus e de como tratalo? O que facemos, non sirve para nada?