ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O xurado do Premio Viadutos salientou a orixinalidade dos temas tratados na novela, a depuración de seu estilo "poderoso e por veces lírico", "a utilización da ironía e a personalidade das voces" e tamén a complexidade da trama. "Os bicos feridos" narra a historia dunha moza emigrante en Londres. Nela vanse debullando temas como a importancia das redes sociais, as relacións familiares e a maternidade, a soidade nas grandes cidades ou o medo á morte. En torno aos Bicos feridos falamos no club de lectura de Radio Fene Radiofusion. Esther Val, Andrés C.M Riveira e Henrique Sanfiz conversaron coa escritora.
A moza Olivia tras formarse academicamente con brillantez ten que emigrar a Londres. Figueiredo retrata na novela "Os bicos feridos" unha personaxe de fondura psicolóxica. O argumento une varios fíos: as migracións contemporáneas, a soidade nunha gran cidade como Londres ou a irrupción das redes sociais nas nosas vidas.