A relaxación en Vilanova

Programa: 
Vilanova

O psicólogo José Barcia fálanos dun par de métodos habituais:

1. Relaxación progresiva de Jakobson. Trátase de facer un escaneado corporal, coñecer que músculos están tensos para proceder ao seu relaxamento.

2. Relaxación autóxena ou auto hipnose. Trátase dun adestramento co que nos enviamos mensaxes positivas ao noso favor. O mindfulness ou “conciencia plena” sería o exemplo que está tendo máis éxito. “Procede da meditación oriental pero foise occidentalizando” afirma Barcia. “Sirve para aprender a vivir o momento presente”.