A relixión do mar. Xosé Iglesias

Programa: 
Club de lectura

Estamos diante dun libro autobiográfico que reflicte tamén a querencia do autor por Manuel Antonio, o seu poeta de referencia. “Eu crecín no mar, nunha familia mariñeira. Crieime na chalana do meu avó pescando luras” dí emocionado un Xosé Iglesias que xa de pequeno escribía poesía, aínda que non foi ata os últimos dez anos que sentíu a “necesidade desta loita”. “A relixión do mar” divídese en varios apartados con vontade didáctica diante dos lectores. A palabra “relixión” guía todo o poemario. O primeiro apartado fala dos rituais dos mariñeiros, o segundo dos oficios, un terceiro “Construir un deus” indaga poéticamente na milagre de construir un barco. “Meridiano da noite” ven ser a historia das navegacións e, por último, “Estrela polar” fala do mar antiguo, da torre de Hércules, e ven ser unha adicatoria a todos os que xa non están.

O libro mereceu o premio Victoriano Taibo. Agora estamos diante dunha nova edición ampliada na editorial Caldeirón. Xosé Iglesias. Mariñeiro e poeta. Autor do poemario “A relixión do mar” foi o convidado esta semana no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión. Participaron co autor, Esther Val, Ana Varela, Andrés C.M. Riveira e Henrique Sanfiz.