Romasanta pode ser o noso Jack o Destripador

Programa: 
Club de lectura
Clube de lectura de Radiofusión en Radio Culleredo

Os asasinos e asasinas en serie son psicópatas aos que lle atrae a morte e, sen caer no morbo nen nos detalles innecesarios, a figura de Blanco Romasanta é moi atractiva desde o punto de vista literario. “O lobo está moi deostado na nosa terra, como depredador, pero hai un gran descoñecemento en torno a este animal, porque só ataca cando ten necesidade de alimento” afirma Emma Pedreira, quen salienta ademais que a loba “é a personificación do mal”..

Manuel ou Manuela

O crego inscribe a Manuela Blanco Romasanta com unha nena nacida en Esgos en Ourense o 18 de novembro de 1809. Esa nena logo vólvese home e  na confirmación xa aparece como Manuel. Os médicos apuntan a un caso de pseudohermafroditismo feminino. Blanco cosía, bordaba. Corría por un ser doce e entrañable, amigo sobre todo das súas amigas. “Todo podería ser unha estratexia para gañarse a confianza das súas futuras vítimas” apunta Emma Pedreira.

 

Segundo a prensa da época Romasanta, morreu en 1863 no cárcere de Ceuta dun cancro de estómago. O mito di que a súa alma en pena ainda camiña pola serra de San Mamede

Xurado

Emma Pedreira gañou o Premio Xerais de Novela con Besta do seu sangue. O xurado da XXXVª edición deste galardón sinalou que “supón unha proposta de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros”. Ao tempo, salienta o uso dunha linguaxe poética e a transparencia que repousa na transmisión dunha atmosfera de desacougo e angustia ao abordar, con orixinalidade, unha historia inspirada na figura de Blanco Romasanta, co fondo dunha revisión xenérica de figuras da mitoloxía galega.