RUMBOIA 105: Riobó - Quiral – 2015 (13:45)

Programa: 
Rumboia

Quiral é o nome do segundo disco de Riobó editado no ano 2015. Os cinco integrantes do grupo liderado por Begoña Riobó peneiran séculos de música tradicional desde o folk actual para crear a súa imaxe dela, que garda moitísimas semellanzas coa propia tradición mais que non é exactamente igual, mostrando a súa quiralidade. No repertorio de Riobó o quinteto mergullase nas diversas posibilidades dos instrumentos máis tradicionais. Entretecendo a música de autor coa música de raíz. Interpretando pezas para escoitar inspiradas en todo momento nos ritmos máis bailables, nunha aposta clara pola música galega feita e aínda por facer. Na gravación de Quiral participaron, como integrantes de Riobó, Begoña Riobó, Marcos Campos, (gaita, acordeón e frautas), Fernando Pérez (frauta e requinta), Xosé Liz (bouzouki), Fernando Barroso, (guitarra).