RUMBOIA 110: Luís Prego – Para Cantar e Beilar – 2008

Programa: 
Rumboia

Para Cantar e Beilar foi o primeiro traballo de Luís Prego en forma de Libro-Disco. Un total de 23 xogos e danzas tradicionais para desenvolver en colectivo están recollidas neste formato que engloba gravación musical (CD), vídeo (DVD), partituras e explicacións das coreografías. Luís Prego é mestre de danza e música tradicional dende o 1989 e ten un extenso curriculo por ter participado en numerosas agrupacións, ademais de ser membro activo de grupos de música como Ardentía. Neste traballo, Para Cantar e Beilar, están presentes gran cantidade de xogos e divertimentos que tiñan os nosos pais, os nosos avós e demais antepasados e que conforman unha parte moi importante da nosa cultura de tradición oral.