RUMBOIA 112: Arco da Vella – Ñáñaras - 1999

Programa: 
Rumboia

Este grupo ourensán de ampla traxectoria, malia que pouco coñecido fóra do seu contorno, deixounos catro traballos publicados ate a súa disolución: Na noite, (Edigal, 1986), Xingra, (Edigal, 1990), Abuña Copo, (Sons Galiza, 1995) e Ñáñaras, (Sons Galiza, 1999). Encadrados na corrente new age que durante a década dos noventa tivo certo suceso entre as formacións folquis en toda Europa, Arco da Vella cumpren os cánons de todos os grupos seguidores da tendencia “nova era”; así os sintetizadores como eficaz instrumento para a recreación de ambientes, combinados neste grupo con outros temas onde a percusión leva a voz cantante, e o amplo abano de instrumentos empregados, sen medo á hora de experimentar e pescudar nas máis variadas fontes, convértenos nunha alternativa idónea para exemplificar a pegada destas tendencias no panorama folk galego. o líder da formación, Manuel Brañas, pasaría despois a formar Brañas Folk.