RUMBOIA 115: Grupo de Música Tradicional do Igaem – Por ir ao baile 2004

Programa: 
Rumboia

O Grupo de Música Tradicional do IGAEM, que ten as súas orixes en 1990 como corpo de gaiteiros do Ballet Galego Rey de Viana, compaxina o seu labor de acompañamento musical da compañía, coa preparación e execución dos seus propios concertos e coas actuacións que ofrece en diversos actos institucionais e protocolarios. O Grupo de Música Tradicional do IGAEM ten tres discos compactos no seu haber: o publicado en 1993 como Grupo de Gaitas do IGAEM (reeditado en 2002 baixo o título de Grupo de Música Tradicional do IGAEM) e Alba de abril, editado en 2001 e no que incorporan as súas propias voces. Xosé Ramón Bugliot Hernández: gaita, frauta traveseira, frauta de pico, pandeiro e voz. Xoán Carlos Rilo Fraga: gaita, tamboril, cunchas e voz. Daniel Romero Cajigal: gaita, violín, bombo e voz. Xosé Lois Romero Cajigal: acordeón, tamboril, tarrañolas, bombo e voz. Carlos Taboada Pan: gaita, zanfona e voz. Xosé Taboada Sánchez: gaita, clarinete, pandeiro e voz. Xesús Vaamonde Manteiga: gaita, zanfona, violín, pandeireta e voz. Eduardo Sisto Mellid: persución. No ano 2004 publicaron o disco Po ir ao baile.