RUMBOIA 118: Trece Lúas – 2009

Programa: 
Rumboia

Trece Lúas foi un proxecto da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s un traballo audiovisual conformado por un CD e DVD. As lúas que compoñen o ciclo do ano, ou os doce meses do calendario; as lúas que dende tempos ancestrais foron guía da vida; as lúas que puxeron data aos traballos e tamén ás festas. "Trece Lúas" é unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que neste disco se presenta dun xeito actualizado. Pero esta proposta vai moito máis alá. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente "O Quiquiriquí" e "Pelo Gato 24", trátase dun material didáctico que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura. Participaron un grande número de músicos, cativos e cativas que deixaron un disco que xa é referente da nosa música.