RUMBOIA 121: Bate Certo – Projecto Entropía - 2001

Programa: 
Rumboia

O grupo ourensán Barte Certo editou no ano 2001 o seu primeiro, e derradeiro, compacto. O traballo Projecto Entropía foi unha gravación en directo feita por Bate Certo o 10 de marzo de 2001 no Café Cultural Auriense. Bate Certo xa non existe como grupo, aínda que na súa traxectoria amosouse coma un dos prestixiosos grupos de música tradicional da Galiza. Con Projecto Entropía os músicos ourensáns pretenderon ser fieis á súa forma de concebir e manifestar a música en toda a súa traxectoria. Bate Certo, composto polos músicos Marta Vázquez Meiriño, Carlos e Gelucho Pérez Paz, Xavier Paz Garza, Roberto de Andrés Iglesias, Francisco X. Gómez Cano e Iván Area, grabou Projecto entropia nunha sesión en directo na que se xuntaron os seus amigos no Café Cultural Auriense. Trece temas compoñen este traballo discográfico que forma parte do legado de Bate Certo, un grupo que participou en festivais como Santo Estevo de Ribas de Sil, o Punteiro-rock de Vilanova de Lourenzá ou as Noites Folk do Castelo de Maceda.