RUMBOIA 123: Britonia - Britonia - 1998

Programa: 
Rumboia

Grupo composto por músicos galegos, asturianos e navarros que gravou un disco en 1998, Britonia, (Zouma Records, 1998), misturaban ritmos tradicionais galegos, con aportacións dos folclores astur e euskaldún.BRITONIA é un grupo que che fará recuperar a memoria do folk máis cálido interpretado polos instrumentos tradicionais e o aire festivo que sempre leva a música popular. 12 temas conforman o seu primeiro traballo. A maioría son instrumentais, aínda que descobren a súa faceta vocal en dúas cancións: "Tremor" e "Muiñeira de Bartolo". Libre de calquera axuda electrónica, BRITONIA móstranos o que é: música limpa e refinada, sen os efectos que nos últimos anos eclipsaron en certa medida o corazón da música máis tradicional.