RUMBOIA 124: Conxunto Folk do Conservatorio Superior de Música de Vigo ‎– Folk O'Forno - 2007

Programa: 
Rumboia

No ano 2007 o Conxunto Folk do Conservatorio Superior de Música de Vigo gravaba un disco titulado Folk ó Forno. Un total de 27 integrantes que formaban parte do alumnado deste centro de ensino oficial tomaron parte neste proxecto. As gravacións foron realizadas no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo polo técnico de son Pablo Barreiro e mesturadas no estudios da Radio Galega. A selección musical para esta recolleita foi variada e contiña temas da chamada cultura celta, cancións míticas das músicas galega e portuguesa e, incluso, composición contemporáneas da música folk. O disco foi editado pola discográfica ourensá Zouma Records. Entre o alumnado que, naquel momento, cursaba estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo estaban interpretes e docentes que, na actualidade, gozan de grande prestixio na música galega.Gaitas– Lorena Freijeiro , Diego Mariño; Baixo, piano e acordeón – Adrián Saavedra; Fliscornio– Juan Luis Costas ;Frautas – Iago Lariño Rodal, Julia Estévez Salgueiro, Marta Nóvoa Iglesias, Melanie González García;Guitarra – Laureano Muiños; Guitarra, Piano – Lorena Varela; Guitarra, Voz – Oswaldo Oro; Percusión – David González Outumuro, Juan Manuel Collazo, Sandra López Villar; Piano, Teclados – Pablo Souto Acevedo;Saxo – Ivan Varela Tourón, Sara Rivas; Tuba – Oscar Prieto; Violín – Andrea Montes Arias, Javier Navidad Castro, Loida Díaz Marra, María García Blanco, Mauro Mariño González; Voz – Cristina Barriga, Laura Moure Pereda, Susana Pérez Vázquez; Whistle, Percusión – Cristian Silva.