RUMBOIA 144 - Caldo y Os Rabizos – A Música Tradicional del Eo-Navia (2019) (14,07)

Programa: 
Rumboia

Caldo y Os Rabizos é un bandín tradicional do Eo-Navia: un grupo de música con reportorio popular procendente do territorio que abarca os concellos dende a montaña lucense ata a zona dos vaqueiros d'alzada e dende o mar ata a montaña de Ibias. O grupo que iniciou a súa traxectoria no ano 2015 está formado por cinco membros –Pepín de Muxalén (ao saxo), Andrés Rodríguez Monteavaro (na gaita), Marga Lorences (co acordeón), Ruma Barbero ( ao bombo) e Miguel Rodríguez Monteavaro (co redobrante) e nace cunha filosofía clara, pretende recuperar o protagonismo da música tradicional como punto de encontro e de celebración usando as ferramentas musicais tradicionais para animar as festas, romeirías, e demais eventos do s. XXI.

Caldo y os Rabizos publicou no ano 2019 o seu primeiro traballo, titulado ‘A música tradicional del Eo-Navia’. Un traballo que inclúe quince cortes no que se explora o arquivo da tradición musical das bandas de música de baile que percorreron e percorren os territorios chamados,  a groso modo, Eo-Navia, e que contou con colaboracions como a de Xosé Ambás ou Xisco Feijoó.