Rumboia 149 – “Pazos de Merexo, o acordeón diatónico da Costa da Morte”(2015)(10.26)

Programa: 
Rumboia

Manuel José Pazos Redonda, coñecido como Pazos de Merexo foi un Muxián ilustre, músico extraordinario, agradecido e xeneroso que foi e será por sempre unha verdadeira lenda do acordeón diatónico en Galicia.

O libro-disco “Pazos de Merexo, o acordeón diatónico da Costa da Morte”, protagonista da nosa Rumboia, foi a primeira publicación que afondou na historia desta modalidade musical en Galicia. Esta monografía publicada no ano 2015, recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Pazos do Merexo, o último maestro do acordeón diatónico de Galicia, que nos deixou no ano 2019. O libro conta con documentación gráfica, e preséntase ademais cun Cd no que se pode escoitar en versión orixinal unha selección de gravacións inéditas de Pazos do Merexo realizadas no últimos vinte anos polos investigadores Olga Kirk e Pablo Díaz. 

Esta coidada e rigurosa publicación, a iniciativa de a Central Folque, foi elaborada por Xurxo Souto e Pedro Pascual, profundos coñecedores da dimensión musical de Pazos que foi un referente único no contexto da música popular para as novas xeracións de músicos e afeccionados.