Rumboia 154 – Arrás - Asumindo riscos (2007)(15:06)

Programa: 
Rumboia

O grupo Arrás nace no ano 2005 e xa nese mesmo ano foi o grupo gañador do VI Certame Folk de radio Obradoiro. A súa música reflexa as diversas influencias muiscais dos seus compoñentes, e caracterízase por manter unha liña de traballo definida, constituíndo a base do seu repertorio as composicións propias, que en ocasións o grupo mistura en perfecta sintonía coa música tradicional e popular.

"Asumindo riscos" foi o primeiro traballo discográfico do grupo Arrás, foi gravado no ano 2007 e nel fixeron unha proposta innovadora e arriscada. No momento da gravación deste traballo discográfico, o grupo Arrás estaba formado por: Rocío Jimenez, Pablo Gómez, David Bellas, Michel Rivadulla, Manu Abraldes e Jimmy Failde.