RUMBOIA 36: Tear de Llerena – …a Jennifer (10:49)

Programa: 
Rumboia

O grupo de Pandereteiros O Tear de Llerena xurde como formación estable dende o ano 2001. A traverso dela van dando a coñecer parte do importante Arquivo de Tradición Oral que se vai confeccionando dentro da Asociación dende a súa creación. No ano 2005, os Pandereteiros d’O Tear de Llerena editarán a súa primeira gravación de estudo, titulada “...a Jennifer...” (Edicións Falcatruada 2005). Inclúe seis temas nos que a verdadeira protagonista é a voz –masculina neste caso-, acompañada de pandeiretas, latón, tixola, gaita e mesmo zanfona. Contén fundamentalmente cantares para o baile, agarrados ou soltos, extraídos todos eles do propio Arquivo do grupo, e procedentes de diversas zonas da Galiza coma Beariz (Ourense), O Morrazo, Mondariz ou Terra de Montes (Pontevedra).