RUMBOIA 39: Os Viqueiras – Vilaverde

Programa: 
Rumboia
OS VIQUEIRAS

No ano 2017, Manuel Viqueira Noia aposta por editar un traballo discográfico recollendo repertorio da zona de Ordes e, principalmente, do seu pai Manuel Viqueira Vieites. Recollendo a paixón que lles legara Manuel Viqueira Vieites aos seus catro fillos que, afinais dos anos 80 formaran o cuarteto Os Viqueiras de Ordes, xurde o traballo Vilaverde. Un total de 11 cortes recollen parte dos temas que eran repertorio habitual de Manuel Viqueira e doutros grupos e solistas da contorna de Ordes. O disco foi gravado e editado por Arturo Vaqueronos estudios Abrigueiro (Friol - Lugo)