RUMBOIA 40: Samarúas

Programa: 
Rumboia
RUMBOIA 40: Samarúas

Prólogo é o primeiro traballo de estudo do grupo folk Samarúas. Samarúas é unha nova proposta folk que comeza a debuxar o seu contorno artístico para exhibilo no gran escaparate da música galega. A cabalo entre a creación propia e a reinterpretación do tradicional, tendo presente a Costa da Morte, as súas xentes e o seu mar, combinan temas propios cos tradicionais nun folk fresco con personalidade propia. Procedentes da música tradicional que eles mesmos recrean e presentan nun proxecto integrado por gaita, percusións, voz, acordeón, violín e guitarra.