RUMBOIA 45: Iván Costa – Ávrego

Programa: 
Rumboia

Iván Costa Blanco, nado en Moaña 1971, é un gaiteiro galego. En 2006 edítase o seu primeiro CD en solitario co nome de Ávrego(Edicións do Cumio), un traballo que aporta melodías tradicionais e mais composicións propias no que o autor é ao tempo intérprete de tódolos instrumentos que soan no disco. Participou nunha morea de proxectos: o conservatorio de Música tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo e a orquestra Son de Seu, traballos editoriais para a didáctica da gaita, recollida de pezas tradicionais por todo o país, espectáculos de música e danza... Os seus méritos foron recoñecidos con varios premios:Lorient Constantino Bellón etc. e fai parte de múltiples xurados de certames musicais.