RUMBOIA 51: OS CEMPÉS – Opa iii !!!

Programa: 
Rumboia

Os Cempés comenzan a súa andaina no 1992, debutando nun concerto benéfico en Cedeira . A primeira formación estaba composta por Ócar Fernández, Carlos Zaera, Antón Varela, Beto Niebla, Pablo Ces e Serxio Ces. Da formación orixinal o gaiteiro Carlos Zaera morreu nun accidente de tráfico o 17 de marzo en 1995 antes de poder ver o resultado das primeiras gravacións. ¡¡Opa iii!!é o primeiro álbum gravado do grupo galego de folk Os Cempés, publicado o 8 de xullo de 1996. A este primeiro traballo sucederiano Capitán re(1997), Circo Montecuruto(2001), Moe a moa (2003), Tentemozo(2012) ademais do recopilatorio Os Cempés 11 anos (2005). Un dos aspectos importantes da formación foron os seus directos, de eminente carácter festeiro..