RUMBOIA 58: Fia na Roca – Agardando que pase algo (10:40)

Programa: 
Rumboia

Fía na Roca xurde despois da desaparición de Xorima por algúns dos seus integrantes. A proposta de Fía na roca foi pioneira na actualización do folk galego, Pódese falar de dúas etapas na traxectoria do grupo: unha que abrangue os cinco primeiros anos da década dos noventa, reflectida nun traballo homónimo e autoeditado, no seu selo Corda Frouxa en 1993, que sorprendeu polas devanditas influencias arábigas e jazzísticas e onde a parte instrumental protagonizaba a música do grupo; despois veu o paréntese que supuxo a saída de Quim Farinha e Quico Comesaña, enrolados no proxecto Berrogüetto, e a incorporación definitiva do ex-percusionista de Doa Carlos Castro, antes colaborador, que xunto aos veteráns Xosé Ramón Vázquez e Xabier Bueno compoñen a cerna desta nova etapa, que continúa hoxe, onde o número de integrantes medrou ate chegar a sete coa incorporación da cantante Sonia Lebedinski no terceiro disco,Contravento. Antes apareceu Agardando que pase algo, (Resistencia, 1997), onde os trocos na formación non restaron calidade nin capacidade de experimentar á banda