RUMBOIA 62: Davide Salvado - Lobos

Programa: 
Rumboia

Davide Salvado fai unha das apostas máis rompedoras da música galega no ano 2015 partindo dende o máis fondo da tradición e buscando a conexión telúrica coa terra galega a través de Lobos. Este primeiro disco reflicte a pureza da tradición e pon sobre a mesa unha proposta escénica atrevida e rompedora que desvela a personalidade deste artista con longa traxectoria na música galega. Davide Salvado pasou metade da súa vida percorrendo aldeas na búsqueda de ritmos, coplas e danzas. O disco Lobos pretende ser unha homenaxe a todas as pandereteiras e bailadoras, mulleres fortes e anónimas que lles ensinaron a Davide a ser o que é.