RUMBOIA 63: A Quenlla – Na Boca unha Cantiga

Programa: 
Rumboia

A Quenlla naceu en 1984. Liderada por Mini e Mero, esta formación pretendía continuar no mundo da música e da palabra, logo da primeira experiencia con “Fuxan os Ventos”. Deste xeito, quixeron crear unha nova agrupación para dinamizar -coma suma de vontades e un xeito específico de facer- a Cultura Galega e, de xeito especial, a canción. O disco Na Boca unha Cantiga foi publicado no ano 2009 e mantense a liña do grupo baseada en adoptar unha postura crítica e un compromiso diante dos acontecementos é o que move a A Quenlla, que non canta por cantar, senón que o fai para expresa-lo seu propio punto de vista.