RUMBOIA 68: Faltriqueira – Faltriqueira- 2002

Programa: 
Rumboia

O seu primeiro traballo discográfico, Faltriqueira, editouse en 2002. Este disco é para estas cantareiras-pandeireteiras o resultado dunha intensa traxectoria que comezou na Asociación folklórica e cultural Orballo de Pontedeume, onde as rapazas se iniciaron no mundo da tradición, e onde acadaron as pautas precisas para facerse cunha sólida disciplina de grupo. O grupo Faltriqueira componse de voces femininas que tenden pontes entre a música tradicional galega e a música tradicional portuguesa. Efffecto Faltriqueira é o seu 2º disco, editado en maio de 2006. O principio básico do grupo é a música tradicional, pero nas case dúas décadas de existencia, foron moi diversos os proxectos nos que participaron. As catro cantareiras teñen presentes os autores que -ao seu entender- xogaron un papel importante ao longo da historia musical.