RUMBOIA 72: Cantigas da Terra – Espírito

Programa: 
Rumboia

No ano 2016, e con motivo do seu centanario, a coral de Cantigas da Terra edita o seu disco Espírito. Coa creación das Irmandades da Fala, o primeiro nacionalismo precisa pragmatizar os seus ideais de recuperación da identidade propia, promovendo así o uso público da lingua galega. Con tal fin nace Cántigas da Terra (A Coruña, 28-12-1916). A proposta artística do coro combina as voces cos instrumentos, o baile e o teatro autóctonos, creando unha paisaxe emocional que nos identifica como galegos. Ademais, a entidade traballa na recuperación do espazo que lle é propio dentro do País, no uso normal do noso idioma e na interrelación entre as distintas disciplinas culturais, cumprindo o desexo dos fundadores.