RUMBOIA 73: Treixadura – Esa si que é muiñada

Programa: 
Rumboia

Esa si que é muiñada é o traballo discográfico publicado no ano 2011 por Treixadura que é un dos grupos de referencia da música galega.A historia do grupo escomenza no ano 1990, cando Antón e Xan López (anteriormente nun grupo de gaiteiros chamado Paseniño), Xaquín Xesteira e Xabier Martinez (que estiveran na banda de Gaitas de Vilanova de Arousa) fundan Treixadura Gaiteiros, o que se uniría Ramón Vázquez "O Chirlo" pouco despois, provinte do grupo Os Faíscas de Solobeira. Antes da publicación en 1995 do seu primeiro traballo discográfico co título de "Obrigado", Pablo Nogueira substituía a Xabier Martínez e dariase un pouco máis adiante o grande salto deste grupo coa incorporación de 10 voces masculinas que compoñen o Orfeón de Treixadura.