RUMBOIA 74: Lulavai – Cor das Verbas

Programa: 
Rumboia

Lulavai é un grupo musical galego, composto por catro mulleres, que tocan a arpa celta e cantan. As súas integrantes son Paula Oanes, Lorena Reinaldo, Josefa Fernández, Elena Paz. No ano 2010 editaron o seu primeiro disco titulado A Cor das Verbas. Non sería ata o 2015, cando aparecería o seu segundo traballo discográfico Lémbrame un soño. Coñecéronse na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Logo formarían parte da orquestra SonDeSeu, dirixidas por Rodrigo Romaní e a partir de ese momento nacería o proxecto de Lulavai unha singular formación feminina na que as arpas e as voces teñen o total protagonismo.