RUMBOIA 89: Os Melidaos – Festa na Codeseira

Programa: 
Rumboia

O grupo Os Melidaos naceu no ano 2001 en Melide pola unión de músicos de diferentes xeracións e variada procedencia que consideran que a música tradicional é un tesouro que cómpre conservar. Sete gaiteiros que cantan veñen desenvolvendo a súa actividade musical, dende hai dezaoito anos, con aquel principio como guía. Os Melidaos suman xa catro discos no mercado:Que ben baila, que ben baila (2009), Axudádeme a cantar (2012) no que incluíron, por vez primeira, as voces dos seus membros,Festa na Codeseira (2015) e Tribo nosa (2019).