RUMBOIA 90: Pablo Quintana – O Cego Andante

Programa: 
Rumboia

No ano 1982 a editorial Ruada publica este traballo discográfico, referente na música galega, autoría de Pablo Quintana.O Cego Andante converteuse axiña nun dos espellos onde se miraron moitos músicos e grupos para trazar a súa senda na música do país. Pablo Quintana reinterpretou temas tradicionais e tivo especial atención a romances que, acompañados coa zanfona, pasarían a converterse en repertoiro indiscutible para todas as persoas que se achegaron a este instrumento de corda. O disco O Cego Andante fai un repaso por melodías e cantigas recollidas en diferentes puntos da Galiza e o panorama sonoro debúxase cun amplo abano de instrumentos propios da nosa música.