ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Daniel Bellón e Diego Maceiras publican no ano 2006 este traballo discográfico titulado Unión das Terras. Un disco que recolle temas tradicionais e de autor, galegos e doutras partes do mundo, materializando na sonoridade o espírito que reflexa o nome do disco. Temas de diversas orixes que quedan entrelazados pola estética dos arranxos feitos por estes dous músicos virtusos da gaita e do acordeón. Colaboracións como a de Xabier Díaz, Alex Blanco ou Xosé Lois Romero aportan a este traballo discográfico ese toque de calidade que fai desta Unión das Terras un fermoso disco baseado na calidade musical e na universalidade do repertorio.