RUMBOIA 93: Saraibas – Unha terra, un pobo, unha fala

Programa: 
Rumboia

Saraibas é un grupo musical galego formado no ano 1978, por un grupo de amigos de San Sadurniño que levaban cantando xuntos como afeccionados dende 1969. Nos seus inicios as súas actuacións estaban ligadas á súa área xeográfica máis próxima, porén a partir do lanzamento do seu primeiro traballo,Unha terra, un pobo, unha fala(Ruada, 1980), a súa populariade aumentou e comezaron a actuar por toda a Galiza. Un total de seis discos nos deixou este grupo mítico da música galega que estivo en activo até 2004. A súa primeira formación estaba composta por: Martín Sanjurjo, Miguel Sanjurjo, Avelino Cinza, Regina Cinza, Enma Calvo e Elisa García.