RUMBOIA 98: Airiños de Orbazai – Pasos do Mera

Programa: 
Rumboia

Alá polo verán do 2010, reunese un grupo de veciños/as da parroquia de Orbazai (concello de Lugo), para cantar e tocar pezas do folclore galego; o que nun principio non deixa de ser unha anécdota casi sin importancia, vaise fortalecendo ó motivar a outros integrantes da aldea que se queren unir ós primeiros para poder pasar un bó rato con eles. Nace así a agrupación Airiños de Orbazai.Debido a boa acollida que ten no lugar, danse conta de que teñen que medrar musicalmente, organizando na casa sociocultural cursos de canto,gaita,percusión e baile, actividades que realizan con unha ilusión e traballo incrible, e no ano 2014 publica o disco Pasos do Mera.