ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A banda folk Os d'Abaixo está formada, entre outros, por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca. Despois de fundarse no ano 2010, o seu primeiro disco foi gravado en directo no Festival Interceltique de Lorient no ano 2014, e en maio de 2017 presentaron Quixera ser dos paxaros, o seu segundo disco, primeiro de estudio, composto por temas case todos inéditos. Un disco moi traballado onde a compoñente estética ten moito peso, tanto na coidada selección de letras como no deseño gráfico e a fotografía. No ano 2019, incorporouse como novo acordeonista: Santi Cribeiro (ex Berrogüetto).