Saúde e traballo

Programa: 
Vilanova

O sobrepeso e a obesidade son definidas como “a epidemia” do século XXI pola OMS. Nenos e adultos obesos están enfermos porque relacionadas con esta situación están moitas patoloxías. E se relacionamos saúde co traballo, como fixo Jose Barcia esta mañá no espazo Vilanova, chegamos á conclusión de que “unha persoa con mala saúde non traballa ben”. A saúde laboral volveuse unha das principais preocupacións de moitas organizacións, que comezaron a pór en marcha iniciativas dirixidas a fomentar o benestar dos seus profesionais. Desta forma, xunto á promoción dunha dieta equilibrada, o deporte converteuse nun elemento clave en moitas oficinas, que xa inclúen espazos dedicados a facilitar a súa práctica.