Ser nai é máis dificil hoxe que antes

Programa: 
Club de lectura
Club de lectura de Radio Fene Radiofusión

"Tentar criar sen ter preto ningún tipo de contorna afectiva e coas peculiaridades dunha familia reconstituída é bastante complicado.Nunha cidade tan cara como Madrid, tendo eu unhas circunstancias laborais moi difíciles, ás que se engadiu a enfermidade da pequena"  Diso fala o libro de Marga Tojo, un volume  a medio camiño entre o ensaio, a reportaxe xornalística e o relato en primeira persoa, que analiza as condicións económicas e socio políticas nas que se produce, na actualidade, o coidado dos fillos. Reivindicando o que poderiamos chamar unha ética dos coidados contra os tópicos.