SON Estrella Galicia na Super8 de Ferrol

Programa: 
Músicas e Letras

The Mani-las aterran coas súas cancións de 2:30 que non baixan dos 150bpm, compostas de ritmos que convidan a bailar, melodías e coros con tres potentes voces e un repertorio de cancións que lle faría saltar as torcas ao mismísimo Frankenstein. Un repertorio directo e sublime da man de Mariana Pérez (Sonic Trash, Loura, Cora Bloom) á batería, Maika Makovski (The Mani-las) ao baixo e Olaia Bloom (As Culebras, Cora Bloom) á guitarra. A banda nace por mor dunha viaxe de Maika e Olaia a Manila no ano 2017, despois do cal deciden gravar o single Hei's got the power (orixinal de The Exciters) unha vez de volta para o que non dubidan en chamar a Mariana e así completar este power trío, tan necesario nos tempos que corren.

Kurt Baker Combo

Despois de moitos anos tocando arriba e abaixo, de costa a costa, encima de calquera cousa, co seu grupo The Leftovers e The Kurt Baker Band, o músico de pop e rock Kurt Baker decidiu que necesitaba un novo cambio de escenario e foise para a cidade de Madrid. Aterrou alí en 2013 e, despois dunha exitosa xira por España e Francia cos seus compañeiros de banda estadounidenses, Baker empezou a tocar concertos acústicos en solitario por toda a península ibérica. Non pasou moito tempo, e empezaron a chegar as ofertas para tocar, en España, tamén, en formato eléctrico. A pesar diso, o problema era que a banda de Baker estaba a máis de 3.000 millas de distancia. Por tanto, formou o Kurt Baker Combo, un novo grupo formado por Juancho López ao baixo (Paul Collins Beat, Peralta, The Crepitos), Jorge Colldan (Holy Sheep, The Flash, Señor Non) á guitarra e coros, e Sam Malakiam á batería (Alrighters, Os Pratos Volantes). Baker ten claras as súas influencias e o seu estilo. Este novo álbum está marcado pola gran presenza de elementos Glam, Punk, Garage e Rock. Así, seguen as súas principais influencias como The MC5, The Remains ou Eddie & The Hot Rods.

Entradas anticipadas:

Sala SUPER 8 - C/ Real, 223 Ferrol [V-S 22:30-5:30 h.]

A VELLA FÁBRICA DE LAPIS - C/ Lugo, 61 Ferrol [L-V 10:00-13:30 h.·18:30-20:30 h./S 11:00-13:30H.]