Sons de Nós con Radio Océano

Programa: 
Sonsdenós

'Un furioso silencio' é o título do novo traballo de Radio Océano. Letras de Lois Pereiro, remorsos do Prestige ou a queixas sobre participar en guerras alleas protagonizan un disco no que se reencontran Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro), Ross Mero (Santiago Romero), Pablo Iglesias e Dani Punta mantendo a mesma potencia musical dos anos 80. No Sons de Nós falamos coa voz da banda coruñesa.