Todas as marabillas da Arxentina

Programa: 
Club de lectura
Clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

De cando en cando avanzaba cara a nós unha onda de estalidos, cada vez máis próximos. Pero logo o silencio volvíase adonar da paisaxe xélida; ata que, de súpeto, un torreón azul se desprendeu da masa para afundirse con estrondo enxordecedor, levantando nubes de espumas e quebrando a tersura das augas.
Así relata Xavier Alcalá a observación do glaciar Moreno, unha das referencias do seu libro Arxentina.