ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Laudamuco señor de ningures de Roberto Vidal Bolaño representouse en maio de 1978. O grupo Antroido levouno á escena do Colexio A Salle de Santiago de Compostela. Considerase a data de inicio do teatro profisional galego. Eran os anos da transición e o mundo teatral fervía. Naquela pota, un ingrediente fundamental estaba en Perlío. O Teatro Circulo e Tagallo centran o libro de Francisco Oti, sobre a experiencia teatral protagonizada por xente de Astano, do mundo proletario da construción naval.
O teatro propicia ou pode propiciar un desenvolvemento ético da persoa, favorece a escoita integral, potencia a creatividade, incentiva a imaxinación, ensina os detalles, transforma fronteiras e sementa a conciencia de identidade. A todo iso e a máis aspiraban os homes e mulleres do Teatro Círculo e de Tagallo. Agora aquela experiencia queda fixada no libro “O novo teatro galego en Perlío”.