Vilanova

Programa: 
Vilanova

O xogador de futbol uruguayo Cavani escribiu en Instagram a un colega: “grazas negrito”. Isto provocou que a Federación de futbol inglesa, na que milita actualmente, o penalizara por utilizar unha expresión racista. A expresión en Rio de la Plata é moi usual, e ten unha connotación de tipo cariñoso. Ninguén dubidou desa intención de Cavani que borrou o comentario e pediu disculpas, nin siquiera a Federación inglesa. Aínda así optou por sancionalo. Un profesor universitario danés saíu á palestra con este asunto para advertirnos: “Coidado non sexa que a racista é a Federación inglesa de fútbol por racismo cultural e etnocentrismo” É decir que esta institución síntese por riba dos outros, nunha posición de superioridade cultural . Barcia explica que este é un exemplo magnífico para darnos conta que estamos sendo bombardeados con multitude de informacións e que a tecnoloxía funciona a base de etiquetas para facilitar as cousas. “Por ese motivo podemos fácilmente cometer erros e inxustizas. Buscar o camino corto pode caer no estereotipo” e engade Barcia que as persoas non somos tan simples e cando falamos de tolerancia temos que ser tolerantes cos demais. “Querendo ser os xusticieiros, podemos acabar sendo altamente inxustos”.