Vilanova fala da depresión

Programa: 
Vilanova

Disque a depresión é o mal do século vinte un. Pero non hai que confundir unha tristura ocasional ante un revés, con algo que persiste no tempo. A tristeza é simplemente un estado de ánimo. Non sempre é patolóxica, segundo apunta o psicólogo José Barcia. A xente tende a confundir unha tristeza normal cunha patolóxica. Tristeza e depresión non son equivalentes. Aínda que nos vaia ben na vida moita xente levántase da cama todos os dias pensando no que lle falta. Diso falamos esta mañá no espazo Vilanova de Radio Fene.