Montse Mera: "Cunqueiro nunca defrauda"

Montse Mera: "Cunqueiro nunca defrauda"
17 de Abril, 2019 - 10:17 h. | Publicada por Radio Lugo

“O que pretende Cunqueiro é descubrir o dereito e o reverso da existencia para amosar a realidade completa a aqueles que non souberon vela ainda” afirma a profesora da Universidade Complutense de Madrid Monserrat Mera, autora do libro “El periodismo de Álvaro Cunqueiro”. Para a profesora “nunca defrauda, e os seus artigos resultan interesantes e incluso algúns seguen tendo a mesma actualidade que no momento no que foron escritos”.

ESCOITA O PODCAST:
Estatua de Álvaro Cunqueiro diante da catedral de Mondoñedo

Cunqueiro aseguraba que as únicas noticias verdadeiras son as que teñen máis de trescentos anos e por iso busca a actualidade que sobrevive á inmediatez. Na columna publicada durante vinte anos no Faro de Vigo denominada “El envés”,  o escritor de Mondoñedo pon en práctica a súa peculiar, heterodoxa e nada académica concepción do xornalismo. Pretendía paliar os efectos negativos do xornalismo, utiliza o “antiperiodismo”  e da noticia da cara oculta das noticias..

Cunqueiro herdou dá súa nai o amor pola lectura e do seu pai, boticario, a súa admiración pola natureza. Estudou Filosofía en Santiago “aínda que do mesmo xeito que no Instituto pasou máis horas na biblioteca que nas aulas”. A pesar de que era un fabulador nato, tamén se sentía xornalista, “unha relación amor-odio que expresou en múltiples ocasións”segundo a profesora Mera.

A prosa do autor de “Merlín e familia” caracterízase polo humor, a fantasía, a importancia da historia e das lendas e a presencia constante de Galicia”. Aposta por potenciar as noticias locais e cre que “a realidade non é plana, senón que conta con dous rostros que é preciso coñecer para así poder aprehendela na súa totalidade”, porque a parte dos soños do home é tan decisiva e importante como as outras parcelas da vida humana.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora