O deporte máis solidario

O deporte máis solidario
03 de Xaneiro, 2020 - 12:07 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños coa colaboración do Concello de Fene e da delegación de Ferrol da Federación Galega de Fútbol, organiza un torneo de fútbol solidario este sábado. Para acceder ao campo do Pote, é necesario doar alimentos non perecedoiros. Todo o recollido entregarase a Cáritas Fene para a súa distribución entre familias que atravesan unha difícil situación económica.

Cultural Maniños. Segunda Galicia de fútbol

Os partidos comezarán ás dez e media da mañá cun choque entre O Pote e o Racing de Ferrol veterano. Ás once e vinte da mañá xogarán o Cultural Maniños e O Val veterano. As doce e dez disputaranse o terceiro e cuarto posto e a unha do mediodía a gran final. Colabora coa iniciativa o Colexio de Árbitros.

Deportes

Publica o teu comentario agora