A saúde mental nas prisións

A saúde mental nas prisións
09 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

A sociedade ponse de perfil diante dos problemas das prisións."Eu desde que coñecín a Pastora González Vieites, a nai de Xosé Tarrío, cambiou a miña vida. Ao ver a súa enerxía, comprendín que é preciso loitar e participo nas actividades das asociacións de familiares de reclusos" indica o médico rural Gonzalo Tejerina. “Non hai tantos médicos que fagan isto pero deberían estar á cabeza da loita pola dignidade das persoas enfermas, aínda que estean presas”.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Pepe Posse

O doutor Tejerina, agora xubilado, colabora co Observatorio de Derechos Humanos y Libertades de Castilla y León, visita cárceres e presos e denuncia por exemplo que no cárcere de Teixeiro na actualidade “só hai dous médicos para atender a novecentos presos”. “Arredor de un de cada dous internos padecen de problemas de saúde mental, depresión, procesos psicóticos, esquizofrenia e patoloxías asociadas a adicción a  sustancias psicotrópicas. Estas persoas están nun bucle do que é moi difícil saír, porque non teñen atención especializada” afirma o  doutor. A proposta do Observatorio céntrase na autoxestión da saúde, unha ferramenta de loita, defensa e resistencia. O preso aprende a comprender o seu organismo, con técnicas de apoio mutuo  e adéstrase para compartir os problemas, como sinala o libro de Eneko Landáburu “Cuidate compa”.

 

Fotografía: Pepe Posse

Sociedade

Comentarios

digo carceles y queriá decir manicomios en el primer aspecto de este estudio
Nome: 
errata : se notará que en la primera parte de la exposición sobre la lucha antimanicomial.Sin querer digo carcele s en lugar de manicomios ..pero se ve el contrasetido, si seguimos el contexto

Nome: 
gonzalo tejerina lobo

Publica o teu comentario agora