ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
BNG e PSOE de Fene achegan posturas. Nacionalistas e socialistas reuniránse de novo ás oito desta tarde. Acordo unicamente para a elección de alcalde, pacto de lexislatura ou colaboración no goberno con areas de traballo repartidas entre as forzas políticas. Son as posibilidades que esta tarde se poñerán enriba da mesa.
En principio o BNG non ten preferencias, segundo manifestou o candidato a alcalde Juventino Trigo. O PSOE acude a esta reunión, aberto ao diálogo, segundo a cabeza de lista Mar Piñeiro. Precisou que os socialistas renovaron a súa candidatura e están abertos ao diálogo. Fene ten un carisma de esquerda, indicou Piñeiro.
Pola súa banda, Esquerda Unida Fene reitera nun comunicado o seu apoio á lista máis votada de esquerdas nas pasadas eleccións, "para así propiciar o goberno de esquerdas que nos foi pedido pola veciñanza". Nos comicios locais, o PP logrou 6 concelleiros igual que o BNG, por 4 do PSOE e 1 de Esquerda Unida.
Comentarios
¿Qué gran diferencia hay a
Pois mire vostede se hai
Publica o teu comentario agora